viernes, 20 de julio de 2012

A Rede Española de Municipios Forestais interésase polos centros de biomasa da Deputación de Ourense (Proxectos ARRAIANO, DELORUR e TERRAS DO AVIA)

O presidente de Remufor reuniuse con Manuel Baltar e con técnicos da Deputación para coñecer os proxectos dos centros de transformación de biomasa e os programas medioambientais da institución provincial.

O presidente Rede Española de Municipios Forestais (Remufor) e alcalde do concello valenciano de Enguera, Santiago Yácer, reuniuse co presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e con técnicos da institución provincial para coñecer polo miúdo os proxectos forestais e medioambientais que está a desenvolver a Deputación, sinaladamente os referidos aos tres Centros de Transformación de Biomasa (CTBs) que están a funcionar na actualidade na provincia de Ourense, para coñecer os aspectos técnicos desta tecnoloxía aplicada ao tratamento dos residuos forestais, na que a Deputación de Ourense é pioneira.

Santiago Yácer é dende 2010 presidente da Rede Española de Municipios Forestais, unha asociación que pretende, entre outros obxectivos, promover a xestión forestal dentro da ordenación do territorio municipal e conseguir que os montes supoñan un motor para o desenvolvemento rural. Yácer e o seu equipo técnico, a través do coñecemento de novas experiencias no sector que aplica a Deputación de Ourense, pretenden transmitirlles ao resto de administracións locais, estas novidosas experiencias e proxectos pioneiros que permitan avanzar na protección e xestión sostible do monte de titularidade pública municipal.

Na reunión, Yácer expúxolle ao presidente provincial o interese que ten a Rede de Municipios Forestais en que a Deputación de Ourense transmita ao resto dos concellos a posibilidade de adhesión á devandita rede, para seguir fortalecendo o papel desta asociación no eido medioambiental. Pola súa banda, Manuel Baltar e os técnicos da Deputación explicaron que o proxecto dos CTBs xurdiu da necesidade de limpeza dos montes ourensáns, como medida eficaz para a prevención dos incendios forestais, e tamén para obter da transformación de biomasa un combustible de calidade.

A última das plantas de biomasa, postas en marcha grazas ós proxectos ARRAIANO, DELORUR e TERRAS DO AVIA (Cofinanciadas ó 70% polo FEDER) en entrar en funcionamento en Ourense foi a ubicada no Concello de Trasmiras (Proxecto ARRAIANO), planta pioneira nas súas características de procesado e tratamento da materia prima procedente da xestión forestal dos montes. Esta planta conta cunha superficie de almacenaxe, báscula de pesaxe, oficinas, rede contra incendios, pala cargadora e criba, todo elo nunha nave industrial de 1.500 m2, pero ten como característica singular o feito de estar dotada de tecnoloxía para a produción de astillas de diferentes calidades.

Manuel Baltar dixo que a Deputación de Ourense "é consciente dos problemas existentes cos incendios forestais dos últimos anos, e por elo decidiu apostar pola tecnoloxía aplicada ás enerxías renovables para xestionar o residuo de biomasa forestal e contribuír coa limpeza dos montes e cunetas de estradas como medida preventiva contra o lume". De feito, o programa que desenvolve a Deputación neste sentido abrangue a rede viaria municipal que comprende uns 1.850 quilómetros.

Coa finalidade de ampliar este proxecto, o Servizo de Auga e Medio Ambiente da Deputación de Ourense puxo en marcha una iniciativa para crear unha rede de centros de procesamento biomasa estratexicamente distribuídos na provincia de Ourense, co fin de que a biomasa residual existente nas montañas e nas marxes da rede de estrada provincial, puidese ser administrada como residuos e ser utilizada como materia prima para un sector industrial que proporciona numerosas vantaxes. Entre elas figura a limpeza de montañas para previr a aparición e propagación de incendios forestais, manter en bo estado a rede viaria provincial e establecer unha estrutura operativa a través destes centros de biomasa para garantir niveis de uso económico do bosque axeitado para o mantemento de ingresos para poboacións rurais.

Tamén figuran entre estas vantaxes o impulso ao desenvolvemento da silvicultura e a explotación racional do bosque, ademais de promover actividades para o desenvolvemento sostible dos recursos naturais.

A provincia de Ourense conta na actualidade con tres centros de biomasa que recollen, almacenan e procesan (no caso do de Trasmiras) a materia prima forestal para o seu tratamento e transformación en astilla, coas cualidades necesarias para o seu posterior uso en instalacións de xeración de enerxía térmica ou eléctrica. Estes centros están situados nos municipios de Arnoia (Proxecto TERRAS DO AVIA), Trasmiras (Proxecto ARRAIANO) e A Gudiña (Proxecto DELORUR), e os criterios para a determinación destes emprazamentos son a proximidade con áreas de maior densidade de biomasa e silvicultura, a proximidade dos fluxo de madeira (serrarías, fábricas de pellet e fábricas de mobles), e a proximidade de vías rápidas de transporte por estrada, especialmente a A-52.

No hay comentarios:

Publicar un comentario