viernes, 20 de julio de 2012

Proxectos de despregamento de banda ancha (Proxectos ARRAIANO, DELORUR e TERRAS DO AVIA)

A Deputación de Ourense está a despregar na provincia unha rede sen fíos de Banda Ancha, a través dos Proxectos "Terras do Avia", "Arraiano" e "Delorur" con que se conseguirá que a maior parte da poboación rural dos 51 concellos teñan acceso a uha Internet de calidade.


Se tes o teu negocio no rural e non tes acceso á alta velocidade, esta é a túa oportunidade.

Se vives nas zonas de cobertura marcadas no mapa, xa podes integrarte no mundo da tecnoloxía de Banda Ancha. Tamén podes enviar a solicitude como demandante do servizo.
 
Para máis infoación podedes visitar:
http://planificacion.depourense.es/bandaancha/

Páxina de Facebook do Negociado de Planificación

Páxina de Facebook do Negociado de Planificación:
http://planificacion.depourense.es/index.php/gl/facebook

Videos dos proxectos da Sección de Planificación e Seguimento de Investimentos


Para ver algún dos videos dos proxectos da Sección de Planificación e Seguimento de Investimentos podedes ir a:
http://www.youtube.com/channel/UCaPL2pbLAqyMFbBHBQR_8Mw/feed?filter=2

A Rede Española de Municipios Forestais interésase polos centros de biomasa da Deputación de Ourense (Proxectos ARRAIANO, DELORUR e TERRAS DO AVIA)

O presidente de Remufor reuniuse con Manuel Baltar e con técnicos da Deputación para coñecer os proxectos dos centros de transformación de biomasa e os programas medioambientais da institución provincial.

O presidente Rede Española de Municipios Forestais (Remufor) e alcalde do concello valenciano de Enguera, Santiago Yácer, reuniuse co presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e con técnicos da institución provincial para coñecer polo miúdo os proxectos forestais e medioambientais que está a desenvolver a Deputación, sinaladamente os referidos aos tres Centros de Transformación de Biomasa (CTBs) que están a funcionar na actualidade na provincia de Ourense, para coñecer os aspectos técnicos desta tecnoloxía aplicada ao tratamento dos residuos forestais, na que a Deputación de Ourense é pioneira.

Santiago Yácer é dende 2010 presidente da Rede Española de Municipios Forestais, unha asociación que pretende, entre outros obxectivos, promover a xestión forestal dentro da ordenación do territorio municipal e conseguir que os montes supoñan un motor para o desenvolvemento rural. Yácer e o seu equipo técnico, a través do coñecemento de novas experiencias no sector que aplica a Deputación de Ourense, pretenden transmitirlles ao resto de administracións locais, estas novidosas experiencias e proxectos pioneiros que permitan avanzar na protección e xestión sostible do monte de titularidade pública municipal.

Na reunión, Yácer expúxolle ao presidente provincial o interese que ten a Rede de Municipios Forestais en que a Deputación de Ourense transmita ao resto dos concellos a posibilidade de adhesión á devandita rede, para seguir fortalecendo o papel desta asociación no eido medioambiental. Pola súa banda, Manuel Baltar e os técnicos da Deputación explicaron que o proxecto dos CTBs xurdiu da necesidade de limpeza dos montes ourensáns, como medida eficaz para a prevención dos incendios forestais, e tamén para obter da transformación de biomasa un combustible de calidade.

A última das plantas de biomasa, postas en marcha grazas ós proxectos ARRAIANO, DELORUR e TERRAS DO AVIA (Cofinanciadas ó 70% polo FEDER) en entrar en funcionamento en Ourense foi a ubicada no Concello de Trasmiras (Proxecto ARRAIANO), planta pioneira nas súas características de procesado e tratamento da materia prima procedente da xestión forestal dos montes. Esta planta conta cunha superficie de almacenaxe, báscula de pesaxe, oficinas, rede contra incendios, pala cargadora e criba, todo elo nunha nave industrial de 1.500 m2, pero ten como característica singular o feito de estar dotada de tecnoloxía para a produción de astillas de diferentes calidades.

Manuel Baltar dixo que a Deputación de Ourense "é consciente dos problemas existentes cos incendios forestais dos últimos anos, e por elo decidiu apostar pola tecnoloxía aplicada ás enerxías renovables para xestionar o residuo de biomasa forestal e contribuír coa limpeza dos montes e cunetas de estradas como medida preventiva contra o lume". De feito, o programa que desenvolve a Deputación neste sentido abrangue a rede viaria municipal que comprende uns 1.850 quilómetros.

Coa finalidade de ampliar este proxecto, o Servizo de Auga e Medio Ambiente da Deputación de Ourense puxo en marcha una iniciativa para crear unha rede de centros de procesamento biomasa estratexicamente distribuídos na provincia de Ourense, co fin de que a biomasa residual existente nas montañas e nas marxes da rede de estrada provincial, puidese ser administrada como residuos e ser utilizada como materia prima para un sector industrial que proporciona numerosas vantaxes. Entre elas figura a limpeza de montañas para previr a aparición e propagación de incendios forestais, manter en bo estado a rede viaria provincial e establecer unha estrutura operativa a través destes centros de biomasa para garantir niveis de uso económico do bosque axeitado para o mantemento de ingresos para poboacións rurais.

Tamén figuran entre estas vantaxes o impulso ao desenvolvemento da silvicultura e a explotación racional do bosque, ademais de promover actividades para o desenvolvemento sostible dos recursos naturais.

A provincia de Ourense conta na actualidade con tres centros de biomasa que recollen, almacenan e procesan (no caso do de Trasmiras) a materia prima forestal para o seu tratamento e transformación en astilla, coas cualidades necesarias para o seu posterior uso en instalacións de xeración de enerxía térmica ou eléctrica. Estes centros están situados nos municipios de Arnoia (Proxecto TERRAS DO AVIA), Trasmiras (Proxecto ARRAIANO) e A Gudiña (Proxecto DELORUR), e os criterios para a determinación destes emprazamentos son a proximidade con áreas de maior densidade de biomasa e silvicultura, a proximidade dos fluxo de madeira (serrarías, fábricas de pellet e fábricas de mobles), e a proximidade de vías rápidas de transporte por estrada, especialmente a A-52.

A Deputación de Ourense presenta un novidoso sistema de enerxía xeotérmica e solar para o Pazo dos Deportes

Este proxecto de aproveitamento enerxético, presentado no "I Congreso das Fronteiras Europeas" que se celebra hoxe e mañá na Coruña, permite xerar calefacción con enerxía 100% renovable.

A Deputación de Ourense presenta no "I Congreso das Fronteiras Europeas", que se celebra hoxe e mañá na Coruña, un novidoso proxecto que utiliza un sistema híbrido de enerxía xeotérmica e solar destinado a calefacción, que xa se está empregando nas instalacións do maior pavillón deportivo de Ourense, o Pazo dos Deportes Paco Paz.

Precisamente o uso destas enerxías renovables está a centrar a atención na presentación dos resultados finais do "Proxecto CLIMATLÁNTIC", no que participa a Deputación de Ourense coa presentación desta iniciativa enerxética que ten como obxectivo xerar máis enerxía solar e menos CO2, e que consiste no aproveitamento da enerxía xeotérmica para producir calefacción xerada 100% con enerxías renovables. Esta iniciativa, enmarcada no proxecto europeo CLIMATLÁNTIC, no que participan entidades de España, Francia, Irlanda, Reino Unido e Portugal, permite que na actualidade o Pazo de Deportes "Paco Paz", da Deputación de Ourense, sexa 100% sostible no que atinxe ao sistema de calefacción, eliminando así as emisións de CO2 utilizando principalmente enerxía xeotérmica e solar.

No congreso estanse a analizar este e outros proxectos pioneiros en materia medioambiental, así como as novas políticas financieiras da Unión Europea para o novo período de programación. Na xuntanza preséntanse os resultados de proxecto CLIMATLÁNTIC e estudanse as liñas de cooperación da que será a futura política do "Espazo Atlántico", no que se atopa Galicia. O congreso chega nun momento decisivo, no que se están discutindo as regras de xogo tanto políticas como financieiras para o próximo período de programación.

A Deputación de Ourense, a través do Negociado de Planificación, tivo unha participación destacada no proxecto CLIMATLÁNTIC coa execución deste proxecto piloto para o aproveitamento da enerxía xeotérmica, un proxecto que contou cun cofinanciamento do 65% do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).

Aforro enerxético

O proxecto piloto consiste no aproveitamento da enerxía xeotérmica para dotar ó pavillón dunha instalación combinada de auga quente sanitaria, 100% con enerxías renovables para eliminar as emisións de CO2, sendo o 70% enerxía solar térmica e o 30% restante enerxía xeotérmica. Este sistema, pioneiro en España, basease na complementación do sistema xeotérmico cun sistema solar, para producir auga quente sanitaria que demandan as instalacións do pavillón. A aposta da Deputación pola enerxía xeotérmica permite o aproveitamento desta enerxía para a produción de auga quente sanitaria, calefacción e refrixeración, aportando importantes vantaxes comparadas cos sistemas tradicionais, como son: altos rendementos, aforro enerxético e económico, e nula incidencia visual e sonora.

Con relación os datos de aforro enerxético, no pavillón de deportes "Paco Paz" estase a reducir o 60% da potencia térmica, conseguindo con isto un aforro do 75% de combustibles (gasoil e electricidade). En relación coas emisións de CO2 -un dos obxectivos do proxecto CLIMATLANTIC-, os técnicos estiman que no ano 2012 se produza unha redución do 51% das emisións totais con respecto os anos anteriores nos que a produción de auga quente se realizaba por sistemas tradicionais (gasóleo e biomasa).

O proxecto que se presenta na Coruña forma parte dunha ampla estratexia posta en marcha pola Deputación de Ourense por acadar "un Ourense máis ecolóxico e sostible", tendo como obxectivo final, ofrecer os cidadáns servizos coa máxima excelencia medioambiental, así como conseguir aforros en custos, etc. Neste intre para conseguir esta meta, puxéronse en marcha proxectos en diferentes ámbitos como as enerxías renovables, a xestión de residuos, o saneamento ou o ciclo completo da auga.

Neste senso, a Deputación de Ourense vai poñer en marcha a "Rede ourensá de municipios cara á sostenibilidade", un proxecto que afonda na idea de eficacia e sostenibildiade e que ten como obxectivo "converter á provincia de Ourense nun exemplo de coordinación municipal en todo o que atinxe ao medio ambiente", afirma o presidente provincial, Manuel Baltar. Esta rede ourensá de municipios sostibles tería ámbito provincial e estaría constituída por concellos interesados en poñer en marcha iniciativas de desenvolvemento sostible que aporten solucións aos problemas ecolóxicos e medioambientais que afectan ao ámbito municipal.

A Deputación de Ourense ofrece na súa web información urbanística dixitalizada de 15 concellos (Programa URBANISMO EN REDE)

A Deputación de Ourense está a levar a cabo dentro do programa "Urbanismo en Rede" un importante proxecto de achegar a información dos concellos aos cidadáns coa publicación en Internet da información urbanística dixitalizada dos municipios de Ourense. Dende hoxe é posible consultar xa na web da institución provincial (www.depourense.es - apartado "Concellos") os plans urbanísticos de 15 concellos, información que se incorporará ao Sistema de Información Urbana do Ministerio de Fomento.


A aposta da Deputación de Ourense polas novas tecnoloxías materializouse coa incorporación das novas TIC no ámbito urbanístico municipal. O proxecto de dixitalización dos Plans Xerais de Urbanismo dos concellos da provincia de Ourense, presentado polo Negociado de Planificación da Deputación de Ourense ó programa ¨Urbanismo en Rede¨, iniciouse no segundo trimestre do 2010, entrando nunha primeira fase os concellos de Allariz, Celanova, O Carballiño, Sandiás, Verín, O Barco de Valdeorras, San Cibrao das Viñas e Xinzo de Limia, e nunha segunda fase, na que se incorporaron Avión, A Peroxa, Esgos, Melón, Muíños (Pendente de finalizarse), Toén, Nogueira de Ramuín e Pereiro de Aguiar.

Con esta iniciativa a Deputación de Ourense pretende dar resposta a unha necesidade moi demanda polos cidadáns mediante a publicación por Internet dos plans urbanísticos, fomentando así a interoperabilidade entre administracións a través de servizos web e mellorando a eficiencia na xestión, introducindo ferramentas que faciliten a operativa dos técnicos municipais. Así mesmo, esta iniciativa facilitara aos cidadáns a obtención de información urbanística online de forma inmediata e persoalizada.

O programa Urbanismo en Rede está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER). O Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, a través de Red.es, achega o 70% e o 30% restante a Deputación Provincial de Ourense.



Aberto Concurso Dixital do Proxecto IMAGINA ATLANTICA

O concurso de arte dixital enmarcado no proxecto europeo Imagina Atlántica ten por obxectivo impulsa-la creación no espazo atlántico. Está aberto a calquera estrutura ou persoa maior de 18 anos residente na Unión Europea, que debéranse constituír en equipas internacionais.



O obxecto do concurso é realizar obras dixitais que valoricen o patrimonio cultural para a súa exposición no espazo público.


Seleccionaranse entre 6 e 8 obras para a súa exposición na cidade de Angulema (Francia) en decembro de 2012 e posteriormente en xaneiro de 2013 na cidade de Ourense (Centro Cultural da Deputación de Ourense) , e nas demais cidades dos países participantes no proxecto (Galicia (España), Portugal e o País de Gales).

Otorgarase un premio a cada equipo gañador.

As bases do concurso poden descargarse na web do proxecto Imagina Atlantica: http://www.imagina-atlantica.eu/index.php/es/concurso-de-arte-digital

Data límite da inscrición: 3 de setembro de 2012.