viernes, 20 de julio de 2012

A Deputación de Ourense ofrece na súa web información urbanística dixitalizada de 15 concellos (Programa URBANISMO EN REDE)

A Deputación de Ourense está a levar a cabo dentro do programa "Urbanismo en Rede" un importante proxecto de achegar a información dos concellos aos cidadáns coa publicación en Internet da información urbanística dixitalizada dos municipios de Ourense. Dende hoxe é posible consultar xa na web da institución provincial (www.depourense.es - apartado "Concellos") os plans urbanísticos de 15 concellos, información que se incorporará ao Sistema de Información Urbana do Ministerio de Fomento.


A aposta da Deputación de Ourense polas novas tecnoloxías materializouse coa incorporación das novas TIC no ámbito urbanístico municipal. O proxecto de dixitalización dos Plans Xerais de Urbanismo dos concellos da provincia de Ourense, presentado polo Negociado de Planificación da Deputación de Ourense ó programa ¨Urbanismo en Rede¨, iniciouse no segundo trimestre do 2010, entrando nunha primeira fase os concellos de Allariz, Celanova, O Carballiño, Sandiás, Verín, O Barco de Valdeorras, San Cibrao das Viñas e Xinzo de Limia, e nunha segunda fase, na que se incorporaron Avión, A Peroxa, Esgos, Melón, Muíños (Pendente de finalizarse), Toén, Nogueira de Ramuín e Pereiro de Aguiar.

Con esta iniciativa a Deputación de Ourense pretende dar resposta a unha necesidade moi demanda polos cidadáns mediante a publicación por Internet dos plans urbanísticos, fomentando así a interoperabilidade entre administracións a través de servizos web e mellorando a eficiencia na xestión, introducindo ferramentas que faciliten a operativa dos técnicos municipais. Así mesmo, esta iniciativa facilitara aos cidadáns a obtención de información urbanística online de forma inmediata e persoalizada.

O programa Urbanismo en Rede está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER). O Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, a través de Red.es, achega o 70% e o 30% restante a Deputación Provincial de Ourense.



No hay comentarios:

Publicar un comentario