martes, 15 de mayo de 2012

O PROXECTO CLIMATLANTIC NO CONGRESO DAS FRONTEIRAS EUROPEAS

O congreso reunirá por primeira vez tódalas fronteiras europeas coa finalidade de facer escoita-la súa voz nun momento crítico. O Proxecto CLIMATLANTIC presentará os seus resultados nunhas sesións especificas, contextualizadas no futuro da estratexia do Espazo Atlántico.



Os próximos 25 e 26 de xuño celebrarase na Coruña o primeiro congreso europeo de fronteiras, denominado ¨Congreso das fronteiras europeas: cooperación intelixente¨, que está organizado pola CECIN (Conferencia de Redes Europeas Transfronteirizas e Interrexionais de Cidades). Este evento ten lugar nun intre que se están discutindo as regras de xogo tanto políticas como financieiras para o próximo período de programación difícil, tanto para Península Ibérica como para o proceso de construción europeas.

A Deputación de Ourense, a través do Negociado de Planificación, tivo unha participación destacada no proxecto CLIMATLANTIC, tal e como demostra a execución do proxecto piloto realizado no pavillón dos deportes ¨Paco Paz¨ (edificio pertencente a Deputación de Ourense), proxecto que consistiu no aproveitamento da enerxía xeotérmica para dotar dunha instalación combinada de calefacción (100% con enerxías renovables para elimina-las emisións de CO2, do que o 70% será enerxía solar térmica). O proxecto CLIMATLANTIC conta cun cofinanciamento do 65% do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), e nel participan entidades de Francia, Irlanda, Reino Unido e Portugal.

Neste marco, o Proxecto CLIMATLANTIC aproveitara o grande interese suscitado por este Congreso para presenta-los resultados de case dous anos de traballo. Neste senso, o Congreso preveu unhas sesións especificas sobre do Espazo Atlántico nas que o Proxecto CLIMATLANTIC e os seus socios xogan un importante papel., presentando a estratexia deseñada e participando en debates ó respecto con outros actores interesados e representantes das autoridades nacionais e as Dirección Xeral de Política Rexional da Comisión Europea, unha das responsables de redactar a futura política do Espazo Atlántico, no que se atopa Galicia.

Aberto o prazo de inscrición.

Para poder asistir o Congreso deberase formaliza-la inscrición cubrindo o formulario online neste ligazón: http://www.cecicn.eu/


No hay comentarios:

Publicar un comentario