martes, 15 de mayo de 2012

Aberto o prazo de inscrición no Congreso das fronteiras europeas: cooperación intelixente

O congreso, que terá lugar o próximo 25 de xuño na Coruña, reunirá por primeira vez a todas as fronteiras europeas coa finalidade de facer ouvir a súa voz nun momento crítico


O “Congreso das fronteiras europeas: cooperación intelixente”, que se celebrará o próximo 25 de xuño na Coruña será o primeiro congreso europeo de fronteiras. Este evento ten lugar nun momento no que se están discutindo as regras de xogo tanto políticas como financeiras para o próximo período de programación 2014-2020; discusión que se produce nun momento especialmente difícil, tanto para a Península Ibérica como para o propio proceso de construción europea.
O contexto de crise actual está a provocar que a construción da Europa social e dos cidadáns que impulsou Jacques Delors estea a ser substituída pola Europa dos rescates, os mercados e os recortes. É por isto que os territorios de fronteira xóganse agora o seu futuro entre impulsar unha saída da crise, que recupere o espírito da construción Europea, ou someterse a decisións puramente economicistas que non terán en conta as particularidades inherentes a todo territorio de fronteira.
Ante esta situación, a CECICN (Conferencia de Redes Europeas Transfronteirizas e Interrexionais de Cidades) na que se integra o Eixo Atlántico, elaborou ao longo do último ano un documento estratéxico sobre cooperación territorial, destinado ás Institucións comunitarias e Autoridades nacionais e rexionais. Neste texto, denominado “Documento Estratéxico sobre a Cooperación Intelixente”, deféndense as propostas para integrar no próximo período de programación, en materia de cooperación territorial. O documento, pode descargarse en inglés na seguinte ligazón e estará dispoñible en portugués e español o próximo mes de maio.

Participación dos asistentes
Durante a celebración do congreso considerarase da maior importancia poder contar coas achegas e reflexións dos asistentes, especialmente nos debates que se manterán nos workshops, que se deseñaron, precisamente, para dar marxe e oportunidade a que todos os que manifesten as súas posicións. Estas serán posteriormente remitidas ás Institucións europeas e dirixentes políticos. Para poder asistir débese formalizar a inscrición cubrindo o formulario online nesta ligazón.



No hay comentarios:

Publicar un comentario