miércoles, 29 de febrero de 2012

A Deputación de Ourense promocionará en Xantar 2012 os recursos endóxenos con selo de excelencia da provincia e da Eurorrexión

A Conselleira do Medio Rural e do Mar foi a encargada de inaugurar a décimo terceira edición deste Salón Galego de Gastronomía e Turismo, que se celebra en Ourense. A foto mostra un momento da visita da Conselleira de Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, a Secretaria Xeral de Turismo, Carmen Pardo, o Delegado da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, e o presidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández ó stand do proxecto EIXO INTERIOR.


A Deputación de Ourense, a través do Negociado de Planificación, presentou conxuntamente co Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular (xefe de fila do proxecto), o Concello do Barco de Valdeorras, o Concello de Sarria e a Câmara Municipal de Barcelos, o proxecto EIXO INTERIOR á segunda convocatoria do Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza España Portugal (POCTEP) 2007-2013, resultando aprobado segundo a notificación recibida. O proxecto conta cun orzamento total de 1.383.503,69€, cofinanciado ó 75% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).


O proxecto pon en marcha unha estratexia de desenrolo común baseada nas áreas de productos tradicionais, mercados e artesanía, e antiguidades e restauración, coa creación de estructuras permanentes de cooperación, incentivando a presencia de empresas implicadas en promocionar de xeito conxunto os seus productos. A candidatura quedará resolta no segundo semestre do ano. No caso concreto do Barco, puxose en marcha un Centro de Promoción de Productos Tradicionais da Eurorrexión , que terá como misión fundamental a promoción e difusión de todo tipo de productos tradicionais, cunha importante labor de márketing dos productos de excelencia.A Deputación de Ourense participa neste proxecto mediante a realización dun futuro inventario de productos tradicionais con selo de excelencia na provincia. O remate do inventario, realizará unha publicación do mesmo, procedéndose á promoción dos productos recollidos no mesmo na feira gastronómica Xantar 2012. A Deputación de Ourense participara tamén na distintas accións de promoción e publicidade do proxecto. Como complemento do proxecto , tódolos socios traballarán tamén sobre o impulso á actividade empresarial. Para iso, definirán conxuntamente distintas canles de comercialización nas áreas de:


Produtos tradicionais
Artesanía
Antigüidades
Definición de liñas de distribución de produtos de excelencia


Obxectivo: Acadar unha maior cohesión territorial na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, facilitando e impulsando o desenvolvemento do sistema urbano do interior de Galicia e do norte de Portugal a través da creación de polos de competitividade baseados nos recursos endóxenos desta area.Accións: Deseñarase e porase en marcha unha estratexia de desenvolvemento do interior da Eurorrexión, baseada nas areas de productos tradicionais, mercados e artesanía e antigüidades. Para a xestión de cada area crearase un Centro Coordinador.


Resultados : Conquerir unha maior vertebración territorial, establecer estructuras permanentes de cooperación, implicar ás empresas para promocionar conxuntamente os seus productos, creando canles de comercialización adecuados e incrementando a súa competitividade.


Nestes intres o Centro de Promoción de Produtos Tradicionais está a organizar o segundo taller de formación baixo o titulo ¨Elaboración de Embutidos de Excelencia¨, taller que tera lugar do 17 ó 20 de xaneiro de 2012, sendo a continuación do primeiro taller ¨Producción e venda de productos gastronómicos, unha oportunidade de negocio¨, impartido polo director técnico de Galicia Calidade, taller que se celebrou o día 16 de decembro de 2011, na Aula CeMIT do Concello do Barco de Valdeorras contando coa asistencia de 21 alumnos, tendo unha duración de 3 horas 30 minutos.O perfil maioritario dos asistentes a estes talleres correspodense a xente emprendedora con experiencia na elaboración dun produto concreto que buscan dedicarse profesionalmente á produción profesional e a venda do mesmo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario