Mostrando entradas con la etiqueta audiovisual. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta audiovisual. Mostrar todas las entradas

viernes, 20 de abril de 2012

Profesionais do audiovisual se forman en Francia co apoio da Deputación de Ourense

Dez profesionais da animación galega e da banda deseñada participarán en Angouleme (Francia) –considerada unha das cidades máis importantes do mundo en animación audiovisual- da man da Deputación de Ourense, nun proxecto formativo que permitirá achegarlles as últimas novidades, tecnoloxías e aspectos de xestión empresarial en todo o que atinxe á animación e á banda deseñada.


A Deputación de Ourense, a través do Negociado de Planificación, convocou o pasado mes de marzo dez bolsas destinadas a profesionais da animación e a banda deseñada para unha estadía formativa de catro días na cidade francesa de Angouleme, onde desenvolverán as súas xornadas de traballo na “Cité Internationale de la Bande Dessinée et de l'Image” (onde están, entre outros, os prestixiosos Maison des Auteurs e Musée de la Bande Dessinée), no “Pôle Image Magelis”, e manterán encontros con colectivos de autores franceses ubicados nesta cidade francesa, considerada un referente mundial da banda deseñada, que é sede dun importante clúster de producción audivisual que aglutina a máis de 90 empresas, xerando preto de 1.000 postos de traballo.


Os dez seleccionados galegos son autores de recoñecido prestixio no mundo da banda deseñada a nivel nacional e internacional: Jano Viñuela, David Rubín, Santy Gutiérrez, Iván Suárez, Sergio Covelo, Idoia de Luxán, José Luis Serrano Silva, Yago García, Alba González e Luís Carreira.


Esta acción formativa inclúese no proxecto “Imagina Atlántica”, un proxecto cofinanciado polo FEDER, no que conxuntamente coa Deputación de Ourense participan outras entidades autonómicas, rexionais e locais, así como centros tecnolóxicos e da imaxe de 4 países (España, Portugal, Francia e Gran Bretaña).


O obxectivo do proxecto é estimular a diversificación económica promovendo o potencial rexional a través dunha Axencia de Promoción das Novas Tecnoloxías da Imaxe a escala atlántica, para poñer en valor o patrimonio atlántico. Neste senso, vanse implementar programas de intercambios profesionais (empresarios, técnicos e estudantes) en novas tecnoloxías da imaxe, e tamén se vai a ofrecer apoio financeiro ás artes e ó sector da imaxe en xeral.


O proxecto aposta, asemade, por experimentar coa posta en funcionamento dun clúster que poña en rede a creación de traxectos turísticos e culturais, empregando os recursos que ofrecen as novas tecnoloxías da imaxe.

lunes, 28 de febrero de 2011

A Deputación apoia que os centros formativos de Ourense se integren nunha rede internacional que potencie a investigación en materia audiovisual

A Deputación de Ourense aportou a representación mais numerosa en Oporto, con 15 entidades formativas e empresariais na reunión do proxecto europeo Imagina celebrada hoxe na cidade portuguesa de Oporto

Os centros formativos de Ourense xunto coas universidades de Galicia, o Norte de Portugal e de Angoulême (Francia) acordaron onte en Porto a creación dunha rede de investigación e intercambios de coñecemento en materia de creación audiovisual.

As facultades de Vigo e Santiago de Compostela, representadas polos seus decanos, a facultade de Belas Artes, representado polo seu vice decano, xunto cos centros formativos da provincia de Ourense e as universidades públicas de Porto e Aveiro, A Universidade Católica de Porto e a Luisiada, acordaron hoxe coas súas homólogas de Angoulême, establecer un protocolo de colaboración, que será asinado en Francia, previsiblemente o próximo mes de maio, polo que acordan traballar conxuntamente en materia de investigación, intercambio de profesores e estudantes e consecución de financiamento europeo para estas actividades en materia de comunicación audiovisual, animación e creación artística.

Este protocolo se inserta na estratexia impulsada polo Negociado de Planificación da Deputación de Ourense e o Eixo atlántico, a Xunta de Galicia e a Fundação da Juventude de Portugal de promover no “Espacio Atlántico” un Clúster audiovisual, impulsado conxuntamente polas administracións públicas, locais e rexionais, os empresarios do sector e as universidades.

Segundo manifestou o director do Secretario Conxunto do “Espacio Atlántico” Daniel Clément, ´”esta é a forma concreta na que se constrúe Europa e accións como esta permiten ver aos cidadáns que o diñeiro público europeo serve para xerar actividade económica nun sector estratéxico de tanta relevancia como o audiovisual e que crea emprego entre os xóvenes, probablemente, o sector máis castigado pola crise”.

Á reunión, celebra no Porto, e á que se accedía exclusivamente por invitación, asistiron 49 entidades dos tres países, superando as expectativas dos organizadores. Xunto a magnífica resposta das universidades galegas e portuguesas, a delegación máis representada foi o da provincia de Ourense que desprazou a 15 entidades formativas e empresariais.

En paralelo á reunión dos centros académicos celebrouse unha xuntanza das empresas do sector audiovisual que, tras un primeiro intercambio de información, valorado como moi proveitoso, acordaron celebrar unha próxima reunión de empresarios, unha vez analizadas as potencialidades de cada posible socio para avanzar en proxectos conxuntos no ámbito empresarial.

Igualmente, acordaron organizar unha próxima reunión cos festivais que se celebran nas tres rexións (Bande Dessinée de Angoulême, Salón de Banda Deseñada da Coruña, Xornadas de Banda Deseñada de Ourense, Festival de Cine de Porto-Fantasporto, Festival de Cine Independente de Ourense; Festival Internacional de Animación On-Line de Sandiás, entre outros) para desenvolver estratexias conxuntas de comercialización e internacionalización da produción audiovisual das tres rexións.

Nesta xuntanza estiveron tamén os representantes do Clúster Audiovisual de Angoulême que se manifestaron gratamente sorprendidos polas potencialidades do sector luso-galaico, que descoñecían.

O Secretario Xeral do Eixo atlántico, Xoán V. Mao, manifestou aos medios de comunicación presentes no acto, a súa satisfacción polo resultado da xuntanza “que vai máis aló do que esperábamos antes da reunión, e que demostra o dinamismo, profesionalidade e profunda vocación tanto das nosas universidades, como dos nosos empresarios para promover acordos que poidan cristalizar nun Clúster do Espacio Atlántico que ofreza novas oportunidades para os nosos novos licenciados”.

Na Europa dos 25, dos 4,2 millóns de empregos ligados á cultura, a metade, 2,3 millóns, exclusivamente dedícanse á industria cultural. Angoulême, como gran centro de referencia do cine en Europa, socio deste proxecto, conta con máis de 80 empresas ligadas á produción audiovisual: 20 estudos de animación, 3 de son e 7 centros de formación en materia audiovisual.

Angoulême tamén é sede dunha das maiores e máis selectas feiras de Comic de Europa (Bande Dessinée) que celebrou, este ano, a súa 38 edición. Está considerada como a meca dos que queren abrirse camiño no cómic europeo. Máis de 200.000 persoas visitaron a feira, este ano.

A pesares da presenza de figuras con perfil internacional como no caso do debuxante coruñés Miguel Anxo Prado, o de o ourensán David Rubín, no ámbito da banda deseñada, o de Ángel de la Cruz, director do “Bosque Animado”, entre outras películas de animación, gañador do Goya, e candidato ó Oscar ó mellor film de animación, trátase dun sector cunha escasa presenza internacional, e cun escaso aproveitamento dos fondos comunitarios, como no caso de programa MEDIA II, do que ate a data, apenas foron beneficiadas as producións audiovisuais galegas.