Mostrando entradas con la etiqueta Deputación Ourense. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Deputación Ourense. Mostrar todas las entradas

jueves, 31 de mayo de 2012

Galeria de fotos dos Proxectos ARRAIANO, DELORUR e TERRAS DO AVIA

Galeria de fotos dalgunhas das actuacións dos proxectos ARRAIANO, DELORUR e TERRAS DO AVIA postos en marcha polo Negociado de Planificación da Deputación de Ourense (Sección de Planificación e Seguimento de Investimentos). Estos proxectos teñen un cofinanciamento do 70% do FEDER (Eixe 5): http://www.flickr.com/photos/feder5depourense/

martes, 15 de mayo de 2012

Aberto o prazo de inscrición no Congreso das fronteiras europeas: cooperación intelixente

O congreso, que terá lugar o próximo 25 de xuño na Coruña, reunirá por primeira vez a todas as fronteiras europeas coa finalidade de facer ouvir a súa voz nun momento crítico


O “Congreso das fronteiras europeas: cooperación intelixente”, que se celebrará o próximo 25 de xuño na Coruña será o primeiro congreso europeo de fronteiras. Este evento ten lugar nun momento no que se están discutindo as regras de xogo tanto políticas como financeiras para o próximo período de programación 2014-2020; discusión que se produce nun momento especialmente difícil, tanto para a Península Ibérica como para o propio proceso de construción europea.
O contexto de crise actual está a provocar que a construción da Europa social e dos cidadáns que impulsou Jacques Delors estea a ser substituída pola Europa dos rescates, os mercados e os recortes. É por isto que os territorios de fronteira xóganse agora o seu futuro entre impulsar unha saída da crise, que recupere o espírito da construción Europea, ou someterse a decisións puramente economicistas que non terán en conta as particularidades inherentes a todo territorio de fronteira.
Ante esta situación, a CECICN (Conferencia de Redes Europeas Transfronteirizas e Interrexionais de Cidades) na que se integra o Eixo Atlántico, elaborou ao longo do último ano un documento estratéxico sobre cooperación territorial, destinado ás Institucións comunitarias e Autoridades nacionais e rexionais. Neste texto, denominado “Documento Estratéxico sobre a Cooperación Intelixente”, deféndense as propostas para integrar no próximo período de programación, en materia de cooperación territorial. O documento, pode descargarse en inglés na seguinte ligazón e estará dispoñible en portugués e español o próximo mes de maio.

Participación dos asistentes
Durante a celebración do congreso considerarase da maior importancia poder contar coas achegas e reflexións dos asistentes, especialmente nos debates que se manterán nos workshops, que se deseñaron, precisamente, para dar marxe e oportunidade a que todos os que manifesten as súas posicións. Estas serán posteriormente remitidas ás Institucións europeas e dirixentes políticos. Para poder asistir débese formalizar a inscrición cubrindo o formulario online nesta ligazón.